Wednesday 15 de May de 2024

Adíase o desfile do Entroido pobrense por mor da previsión meteorolóxica adversa


O mal prognóstico meteorolóxico para o martes 13 obriga a adia-lo desfile do Entroido na Pobra do Caramiñal por impedir a chuvia destes días artella-lo operativo previo para eventos desta índole.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, explica que, ante a imposibilidade de que se desenvolva a cuberto e co afán de garanti-la vistosidade desta cita, se opta por buscar outra data.
Unha vez haxa concretado novo día, este será comunicado. De producirse máis cambios na programación do Entroido, informarase polas canles do Concello da Pobra do Caramiñal.